Evento: O contexto internacional das Irmandades da fala

O contexto internacional das Irmandades da fala
xoves, 6 outubro, 2016 a sábado, 15 outubro, 2016
Consello da Cultura Galega,
Santiago de Compostela

O contexto internacional das Irmandades da fala

Congreso que se inclúe dentro das actividades conmemorativas do centenario da súa creación

Ao se cumprir os cen anos da fundación da primeira organización nacionalista galega, as Irmandades da Fala, este congreso aspira a pór de relevo as circunstancias externas e o contexto internacional que acompañaron a súa creación e primeira andaina. Pois as Irmandades da Fala non foron un produto illado nin excepcional na Europa do seu tempo, mergullada nunha cruel guerra mundial na que a cuestión das nacionalidades pasou a desempeñar un papel sobranceiro na propaganda e obxectivos dos contendentes. 

Máis información do programa e da inscrión, neste enlace.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Encontro Epilepsia: investigación e innovación compartida
19 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés