Evento: Peza do mes: Poesía Los Caneiros
Peza do mes: Poesía Los Caneiros
A presentación pública terá lugar o 11 de xuño ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.
Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos (neste caso, do fondo documental) para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.
O poema, que custodia o Museo Arqueolóxico de Ourense nos seus fondos, pertence a Sofía Pérez Casanova (A Coruña 1861 – Poznan 1958). Nel, a autora cántalle a unha terra, a súa, que abandonara sendo unha nena e á que non retornará máis aló dalgunha breve estadía. Nunha desas visitas, cando xa é unha escritora consagrada, Sofía participa nunha xira aos Caneiros en Betanzos no ano 1912, da que xorde este poema.
A publicación virtual sobre esta obra está dispoñible neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, e as circunstancias que rodean a autora e á época na que foi creado o poema.