Evento: Festa da Empanada de Bandeira

  • Festa da Empanada de Bandeira
Festa da Empanada de Bandeira
sábado, 20 agosto, 2016 - 11:00
A Bandeira,
Silleda

Festa da Empanada de Bandeira

Declarada de Interese Turístico, conta con actuacións de bandas, de grupos de baile e música tradicional

A Carballeira das Silvas de Bandeira (Silleda) é xa coñecida como a das Empanadas, xa que desde 1974 celébrase nela, o terceiro domingo de agosto, a festa da empanada galega, un dos pratos máis representativos da cociña galega, que desde antigo se servían nos mosteiros e os mesóns aos peregrinos que pasaban por estas terras cara a Compostela.

Restaurantes e amas de casa compiten coas súas propias receitas pola mellor empanada nun concurso gastronómico presidido por un xurado experto. Despois, as empanadas premiadas son licitadas entre o público para o seu consumo en grupo. As puxas das peñas, entre a algarabía propia da festa, chegan a acadar cifras desorbitadas, moitas veces destinadas a fines benéficos.
 

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festividade da Virxe de Guadalupe
12 de setembro a 19 de setembro
varios espazos
Festa de Xesús O Nazareno-Festa das Mortallas
19 de setembro a 22 de setembro
A Pobra do Caramiñal
Romaría da Saínza
19 de setembro a 24 de setembro
Rairiz de Veiga
Festa da Pataca
20 de setembro a 21 de setembro