Evento: Os contos de Barriga Verde (Manuel María)

Os contos de Barriga Verde (Manuel María)
martes, 17 maio, 2016 - 19:30
Casa de Cultura de Dena,
Meaño

Os contos de Barriga Verde (Manuel María)

Espectáculo dos Sete Magníficos máis un

Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal, no que sigue misturando narración oral, humor e maxia para contarnos Os Contos de Barriga Verde.

 

Escrito por Avelino González, a partir de tres das obras máis sobranceiras do escritor Manuel María (Barriga Verde, Os Soños na Gaiola e Aventuras e desventuras dunha Espina de toxo chamada Berenguela), Os Contos de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.

 

Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo, demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro. 

 

Manuel María, (...) Aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: paseo, leo e escribo...! (Os Soños na Gaiola, 1968)

Máis eventos de tipo Espectáculo

Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia
Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal