Evento: Cocorico en movemento

  • Cartel da Exposición
Cocorico en movemento
venres, 1 abril, 2016 a sábado, 23 abril, 2016
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Cocorico en movemento

Exposición enmarcada no XVII Salón do Libro: “Canta bichería” que se celebrará en Pontevedra

Na exposición “Cocorico en movemento” o pitiño do conto, con Mamá Galiña e Gato Pelado decidiron dar o salto á gran pantalla. Na Biblioteca poderedes ver os capítulos da serie e os personaxes, escenarios, atrezzo e moitas máis cousas coas que o equipo de OQO filmes creou esta producción de animación en stop-motion.  Animádevos a visitar a expo!

 

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facerbiscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, una vez pasado o perigo, esquece o trato e come o biscoito enteiro.  Adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos.

 

Salón de exposicions da Biblioteca Pública de Pontevedra

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia