Evento: Concerto de música relixiosa
Concerto de música relixiosa
Concerto especial con motivo da celebración do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia.
O Coro de Cámara de La Coruña cultiva todo tipo de música coral de cámara, con especial atención á polifonía do Renacemento e ao repertorio dos séculos XX e XXI. Dende a súa presentación (1993) na R.I. Colexiata de Santa María, actuou nos principais teatros, templos e salas de Galicia, en cidades do resto de España e noutros países europeos tamén realizou gravacións para a CRTVG. Conta cun amplo repertorio, tanto a capella como con acompañamento de órgano, piano ou orquestra; así mesmo estreou obras de Javier Busto, Juan Durán, Fernando Alonso e Julián Jesús Pérez. Colabora habitualmente con solistas vocais, pianistas e grupos ou orquestras de cámara, entre os que destacan Manuela Soto (soprano), Juan Jesús Rodríguez (barítono), Rubén Alvar e Irina Moriatova (pianistas), o Cuarteto Moriatov e a Camerata Brigantina. En 2010 gravou o seu primeiro CD co título Canción con todos; en 2013 participou xunto a destacados coros do resto de España na gravación del dobre CD Sacra et Profana.
Realizou actuacións e xiras polo estranxeiro: Escocia (1995), Polonia / Ucraína (1997), Polonia (2002), Portugal e Italia (2010). É invitado habitualmente a participar en diferentes eventos e ciclos musicais da Coruña: entre outros, o VI Ciclo Concertos de Outono (2004) no Museo de Belas Artes da Coruña, o concerto conmemorativo das Vodas de Prata de D. Rafael Taboada como abade da R.I. Colexiata (2005), o Ciclo de Concertos Temáticos (2013) no MAC Unión Fenosa, xunto coa Camerata Brigantina, e o Encontro Coral Fonseca. Entre 2005 e 2010 colaborou coa Aula de Música da Universidade da Coruña.
Máis eventos de tipo Concerto



