Evento: Concerto de Reincidentes

  • Reincidentes
Concerto de Reincidentes
xoves, 3 marzo, 2016 - 21:30
Sala Baranda,
O Barco de Valdeorras

Concerto de Reincidentes

Actuación da banda de rock sevillana presentando o seu traballo Awkan

Houbo un tempo no que nos países de fala hispana, a música era un vehículo da política, e a poesía e a protesta social eran unha mesma cousa. En España, desde mediados dos anos setenta, esta combinación quedou relegada aos cantautores e desconectada da evolución da música electrificada, do pop e do rock de influencia europea. Mentres tanto, en Europa, o punk abriu as portas a unha reidentificación radical entre rock'n'roll e política, con figuras emblemáticas como os Clash en Inglaterra e os Dead Kennedys en América. Pero aquí a recepción do punk foi minoritaria e segmentada.
Reincidentes tiveron un primeiro paso en falso con Incidente local, un grupo que entre 1985 e 1986 deu algúns concertos na súa Sevilla natal sen maior consecuencia. Os Reincidentes deron de feito un primeiro e mítico concerto en plena ocupación estudantil da Universidade de Sevilla, enchufando os seus instrumentos diante do despacho do reitor. Automaticamente, quedaron enganchados a unha corrente subterránea que aos poucos comezaba a estenderse cuentionando o consenso dominante desde a transición.

AWKAN é o seu 18º traballo, este vocábulo mapuche significa "rebelarse", e vén ser tanto unha chiscadela ao compromiso de Reincidentes con Latinoamérica e as súas loitas antiimperialistas, como unha especie de continuación daquel primeiro disco en directo, Algazara.
Esta obra é o segundo libro de Reincidentes onde o antropólogo Ángel del Río, profesor na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e os membros da banda debullan as temáticas das cancións, profundando na súa mensaxe, tratando de abrir espazos de reflexión e debate sobre problemas do noso mundo.

A banda está formada por Manuel (batería), Fernando (baixo e voz), Finito de Badajoz (guitarras e voces), Barea (guitarras e voces), Carlos (técnico de son) e Nacho (técnico de monitores).

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo