Evento: Concerto de Ith

  • Ith
Concerto de Ith
venres, 26 febreiro, 2016 - 22:00
Café DZine,
San Sadurniño

Concerto de Ith

Actuación da banda de rock en galego presentando o seu traballo Forte

ITH son unha banda de rock en galego que toma o seu nome do fillo de Breogán. Aínda que residen en diferentes poboacións da provincia da Coruña, localizan o seu campamento base en Xanceda, no Concello de Mesía. Levan moitos anos facendo música en galego, e polo grupo levan pasado diferentes músicos e cantantes.
Actualmente a banda está formada por Miguel Iglesias (guitarra e coros), J.L. Toxo (guitarra), Gonzalo Suárez (baixo e coros), Miguel Folgueira (batería) e Lucía da Fonte (voz)

Forte é o seu último traballo que está cheo de temas que navegan entre o Rock e o Pop máis enérxico. Todas as cancións están escritas en galego e son de composición propia.
Este álbum, que Ith presenta en 2015, foi totalmente autoxestionado, desde a súa creación, gravación e ata as labores edición.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións