Evento: Concerto da Banda das Crechas

  • Banda das Crechas
Concerto da Banda das Crechas
martes, 15 decembro, 2015 - 20:00
Edificio Politécnico Campus de Ourense,
Ourense

Concerto da Banda das Crechas

Actuación do grupo de música tradicional compostelán

A Banda das Crechas é un grupo estable formado no bar A Casa das Crechas de Santiago de Compostela. No ano 2010 editaron o seu primeiro álbum, ABDC. A banda está formada por músicos que costuman xuntarse para tocar todos os mércores dos meses do curso escolar para interpretaren cancións e melodías tradicionais galegas e do resto do mundo. O seu repertorio, así como a duración dos concertos, vai en función da resposta do público.

A Banda das Crechas son Davide Salvado (voz, pandeireta e percusións); Quim Farinha (violino); Santi Cribeiro (acordeón); Manuel Amigo (gaita e percusións); Xan Pampín (bombo con pratos); Pablo Dalama (saxo e gaita); Chus Belho (mandolina) e Xabier Olite (baixo acústico).

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións