Evento: Concerto de Andrés Suárez
Concerto de Andrés Suárez
A primeira vez que Andrés Suárez tocou a súa guitarra no metro perdeu diñeiro. A recadación non alcanzou para o gasto do billete, pero este galego que se trasladou a Madrid en 2007 non é dos que se engurran facilmente. Na capital atopou o que a súa terra lle negaba: lugares onde tocar de luns a domingo. 
Andrés declárase produto da música que escoitaba de neno nas casettes do coche do seu pai. A lista é longa e variada: de Juan Luís Guerra a Rosendo, de Jose Afonso a Franco Battiato, de Sabina a Milladoiro. Estraña mestura, que o identifica cun amplísimo concepto persoal da canción de autor que tamén pasa por Serrat, Antonio Veiga, Enrique Urquijo ou Javier Ruibal. Ou por Damien Rice e Glen Hansard, dous das súas grandes iconas, con historias que tamén comezaron na rúa.
Un fenómeno en delicado equilibrio de mocidade e experiencia, con suficientes vivencias acumuladas para abrir unha nova etapa con "Mi pequeña historia".
Máis eventos de tipo Concerto
 
  


