Evento: Concerto de La Banda del Camión
Concerto de La Banda del Camión
Grupo de Rock & Roll ao máis puro estilo, que mestura unha música tan seria, cunha posta en escena e un repertorio nunha marcada clave de humor.
A banda fórmase alá polo 2000 co único obxectivo de, subidos nun camión, pasar un intre agradable en Entroidos e sobre todo celebrar as grandezas dalgún partido do Depor, rocanroleando nun bo número de lugares da cidade e arrabaldes, e mesmo tocando co camión en marcha.
Manolo, cantante e fundador da banda, despois dalgúns cambios, logra enganar aos seguintes músicos, que hoxe en día forman a banda: Gandy, guitarra e voz (ex Cacahué), Pedro, batería (ex Cacahué e Heredeiros dá Crus), Rocco, baixista e voz (ex Dramáticos) e Kukas, gaita (ex Cacahué, actualmente batería de Konflikto).
A canción que abandera a banda é o "Rock do Deportivo".
Máis eventos de tipo Concerto



