Evento: Festival Voces Femeninas'15
Festival Voces Femeninas'15
Festival Voces Femeninas'15
Certame que promove a visualización de grandes artistas nesta edición homenaxeando a Cecilia
Voces Femininas naceu en 2008 como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo.
En 2015, e por primeira vez desde a súa creación, alterouse o formato para render homenaxe a Cecilia. Ela é unha figura absolutamente imprescindible para entender a música popular española dos últimos 45 anos. As preciosas melodías das súas cancións e as súas letras, xenuinamente feministas e salpicadas de crítica social, fixeron dela unha artista única.
Mari Rodés e Basia Bulat interpretarán cancións de toda a súa carreira e algunhas propias nun concerto exclusivo para Voces Femininas.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival
