Evento: Frankenstein! pan-demonium macabro e humorístico

Frankenstein! pan-demonium macabro e humorístico
sábado, 24 outubro, 2015 - 18:30
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Frankenstein! pan-demonium macabro e humorístico

Concerto da Real Filharmonía de Galicia e Julián Hernández, dirixidos por Diego García Rodríguez

Frankenstein!! é teatro musical, cabaré, ópera... iso e máis. Esta é a proposta da programación didáctica, infantil, xuvenil e familiar das Xornadas de Música Contemporánea

HK Gruber atravesa as barreiras entre xéneros seguindo a estela dos heroes de cómic e iconas cinematográficas que enchen os versos de H. C. Artmann. As fantasías infantís mestúranse con pesadelos de adultos na medida en que atopamos a Frankenstein, vampiras, a Superman ou a Batman, en situacións que van do macabro ao humorístico.

A desmitificación de Artmann dos heroicos viláns ou dos vilanescos heroes, nuns textos que a primeira vista suxiren unha atmosfera inxenua e de inocente felicidade, atopan un paralelo musical na persistente alienación do son orquestral convencional mediante o recurso aos instrumentos de xoguete cuxo papel principal é musical máis que cómico.

Concerto dirixido para rapazas e rapaces de máis de 10 anos de idade.

De balde previa retirada de entrada.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións