Evento: Galicia, conservando a natureza

  • cartel do evento
Galicia, conservando a natureza
xoves, 29 outubro, 2015 a martes, 17 novembro, 2015
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Galicia, conservando a natureza

Exposición de divulgación científica producida pola Xunta de Galicia coa colaboración do CEIDA (Oleiros)

Presentar ao gran público a diversidade e singularidade dos espazos naturais galegos protexidos permite concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e o seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies. Os visitantes poderanse sorprender coa cantidade e diversidade de espazos protexidos declarados no territorio galego, a variedade e singularidade das especies animais e vexetais que poden atopar neles, entenderán o significado das figuras de protección e o que conlevan, e desenvolverán actitudes de responsabilidade fronte a conservación ambiental. A natureza galega é un mosaico de paisaxes de costa e montaña, densas fragas e chairas extensas, rías onde conflúen os ríos e o mar, queirugais, matos e lagoas. Esta variedade de hábitats acolle unha importante diversidade de especies animais e vexetais, algunhas das cales presentan, no noso territorio, poboacións de extraordinaria importancia a nivel internacional, pola súa escaseza ou polo reducido tamaño do seu territorio, como poden ser a salamántiga rabilonga ou a vacaloura.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións