Evento: O visionario. O home que predicía a Economía mundial
O visionario. O home que predicía a Economía mundial
Director: Marcus Vetter; Música: Sven Kaiser; Compañía produtora: Filmperspektive GmbH; Son: Aljoscha Haupt, Edición: Marcus Vetter; Fotografía: Georg Zengerlin; Productor executivo: Ulli Pfau, Marcus Vetter, Michael Heiks.
A historia: É posible que un computador prediga a economía mundial? Durante os anos oitenta, Martin Armstrong, un consultor de finanzas, deseñou un modelo de predición de alta precisión baseado no número pi. A súa reputación a nivel mundial fixo que os banqueiros máis poderosos de Nova York o convidasen a formar parte do seu grupo para manipular as tendencias dos mercados. A finais da década dos noventa, a FBI entrou na súa casa para requisarlle os computadores e acusalo de estafar 3.000 millóns de dólares. Pasou sete anos no cárcere.
Tratábase dun intento de ameazalo? Querían evitar que fixese público o verdadeiro esquema piramidal no que se baseou a débeda mundial durante décadas? As predicións de Armstrong hai anos que indican que o 1 de outubro de 2015 haberá unha crise da débeda que sacudirá a economía mundial. Cumprirase o seu prognóstico?
Alemaña. 100 min.
Versión orixinal en inglés subtitulada en castelán.
Entrada libre até completar capacidade.



