Evento: Pan! Pan!

  • Cartel de Pan! Pan!
  • Cultura no Camiño
Pan! Pan!
mércores, 10 decembro, 2014 a domingo, 14 decembro, 2014
Zona C,
Santiago de Compostela

Pan! Pan!

Unha comedia musical de A Panadaría

Pan! Pan! é unha comedia musical, gañadora do Primeiro premio Xuventude Crea 2013,  que conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que lle roubou a súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!
Unha obra para adultos de Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman.
Duración: 50 min

Esta montaxe forma parte do programa Bono Teatro Galego, que ofrece descontos aos menores de 30 anos para que asistan a espectáculos escénicos de compañías galegas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire