Evento: As Cores do Outono
As Cores do Outono
venres, 11 setembro, 2015 a sábado, 12 setembro, 2015
A Pobra do Brollón,
A Pobra do Brollón As Cores do Outono
II Encontro de artes e música
Festival que conta con proxeccións, roteiros para potenciar o valor natural turístico deste concello do oriente lugués, feira de artesanía e recital poético musical.
Programa de actividades do festival
Venres 11 de setembro:
- 21:00h. Proxección do filme Encallados de Alfonso Zarauza e posterior debate co director.
Sábado 12 de setembro:
- 10:30h. O paseo como arte. Roteiro polo espazo natural da Pobra do Brollón.
- 10:30h. Feira de artesanía.
- 21:00h. Festa Poético-Musical coa participación de Aldaolado, Uxía & Narf e Treixadura.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival