Evento: Queimada popular

  • Cartel da Festa
Queimada popular
sábado, 22 agosto, 2015 - 21:00
Praza do Souto,
Cervo

Queimada popular

Festa de interese turístico de Galicia de exaltación da queimada

Nesta celebración faise unha representación teatral que cambia anualmente e que sempre ten o mesmo fío argumental: o triunfo do ben sobre o mal. A festa comeza pola noite, coa baixada dos ‘actores’ dende as Escola Vellas ata a praza, acompañados co son das gaitas que interpretan o Himno do Antigo Reino de Galicia e alumeados con potes de queimada e con fachos; na praza ten lugar un enfrontamento entre o ben (representado polo Bruxo) e o mal (representado por bruxas, meigas, demos e outros seres malignos do inferno) no que o baile e a música teñen un papel destacado, este enfrontamento remata co esconxuro que o bruxo fai do mal e co reparto gratuíto de litros e litros de queimada.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Feira de Santos de Monterroso
Feira de Santos
1 de novembro
Varios espazos
Festa do San Martiño
7 de novembro a 15 de novembro
Moaña (San Martiño)
Festa da Castaña
8 de novembro
Folgoso do Courel