Evento: Ciclo de Músicas de Sofá

  • Cartel do ciclo
Ciclo de Músicas de Sofá
xoves, 6 agosto, 2015 - 23:45
Rúas de O Carballiño,
O Carballiño

Ciclo de Músicas de Sofá

Primeira edición do ciclo que precede á Festa do Pulpo

Os organizadores da iniciativa explican que o obxectivo deste 1º Ciclo de Músicas de Sofá é achegar a música a todos os públicos dun xeito natural e distendido. Seguindo esta filosofía, os escenarios dos concertos serán tres sofás colocados en diferentes puntos da vila, en plena rúa, imitando o salón da casa: alfombra, mesas, lámpadas... Os concertos consistirán en catro ou cinco horas de música ininterrumpida, é dicir, a xente poderá sentar cós músicos, preguntarlles o que lles apeteza, incluso ofrecerse a tocar algún tema con eles ou tomarse algo no salón.

Os grupos que intervirán nesta primeira edición serán Pandamoura (música folk), o pianista local Alfonso Medela Trío, e Pisto (ritmo con gipsy swing e sambinha).

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións