Evento: Uxía & Narf
Uxía & Narf
Uxía & Narf
Concerto man a man presentando As baladas da Galiza imaxinaria
Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer As baladas da Galiza imaxinaria.
É precisamente esta Galicia imaxinaria un lugar perfecto para achegarnos, a través da música, as historias que emanan das experiencias vividas, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas e cos brazos abertos ao mundo de hoxe.
Máis eventos de tipo Concerto



