Evento: Áreas mariñas protexidas
Áreas mariñas protexidas
Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade. O CEIDA e Fundació Territori i Paisatge produciron esta exposición coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Máis eventos de tipo Exposición
