Evento: Animal Kingdom

  • Cartel da película
Animal Kingdom
mércores, 15 xullo, 2015 - 22:30
CGAC,
Santiago de Compostela

Animal Kingdom

Proxección da película pertencente ao Ciclo de Cine Australiano

Tras a morte da súa nai, Joshua J Cody ten que trasladarse á casa da súa avoa Janine, que vive en Melbourne cos seus tres fillos, Andrew, Darren e Craig, todos implicados en negocios ilegais. Inevitablemente, o rapaz verase envolto nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os seus familiares e as autoridades locais, situación que provocará unha serie de asasinatos a sangue frío.

Director: David Michôd
Intérpretes: James Frecheville, Guy Pierce, Joel Edgerton
Australia, 2010 / 112 min.
Non recomendada para menores de 16 anos.

Entrada libre e de balde. As películas proxectaranse en versión orixinal subtitulada en castelán.
No caso de que chova, as proxeccións terán lugar no auditorio do CGAC.
A Cantina do CGAC estará aberta durante as proxeccións con kits de cine (bebida, hamburguesas, flocos de millo, café...) para entrar en calor e gozar dunha auténtica sesión de cine de verán.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Casablanca
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
7 de abril
Filmoteca de Galicia
Atención a esa prostituta tan querida
8 de abril
Filmoteca de Galicia
Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes