Evento: Concerto de Eliseo Parra

  • Eliseo Parra
Concerto de Eliseo Parra
sábado, 20 xuño, 2015 - 21:00
Auditorio da Xunqueira,
Redondela

Concerto de Eliseo Parra

Actuación dun dos grandes do novo folk castelán

Eliseo Parra, nacido na Ribeira do Douro un mes antes da década dos 50, desde neno empezou a mostrar gran afección, primeiro polo baile e máis tarde polo cante. Aos 14 anos de idade a familia emigra á Barcelona dos anos 60 e é alí onde, sen querelo, se converte en músico profesional aos 18 anos e estudante libre no Conservatorio Municipal. Case desde o principio foi batería-cantante en bandas de rock. Naquela gran Barcelona do setenta, acompañou en directo ou en disco a Ovidi Montllor, Gato Pérez, María del Mar Bonet, Marina Rossell ou Al Tall, entre outros.

En 1983, trasládase a Madrid co grupo Mosaico, xa para facer música tradicional; dous discos foron froito daquela unión: Homenaje a Agapito Marazuela (1984) e De raíz (1985).

Percorreu medio mundo actuando coa súa magnífica e fiel banda e colaborou con gran parte dos grupos de recreación tradicional da Península.

Realizou traballo de campo por boa parte de España xunto a José Manuel Frade e colaborando nos libros e discos de recompilación deste, como transcriptor musical.

Cabe destacar tamén o seu Suite Romance, que estreou o Ballet Nacional e a Orquestra Sinfónica de Madrid e o seu traballo como músico e actor para a Compañía Nacional de Teatro Clásico na obra de Lope de Vega Peribáñez y el Comendador de Ocaña.

Por último resaltar o seu labor docente desde fai seis anos como profesor de percusión e canto tradicional.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións