Evento: Lectura de contos e actividade

  • Cartel
Lectura de contos e actividade
martes, 28 abril, 2026 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Lectura de contos e actividade

A cargo de Acougo, Asociación Galega de Familias de Acollida

Cedemos o espazo a Acougo, Asociación Galega de Familias de Acollida para realizar esta sesión de lectura de contos que mostra valores como a igualdade, o voluntariado ou a diversidade. Leranse dous contos: un dos Bolechas sobre que é o acollemento familiar e outro sobre a corresponsabilidade familiar. Trala lectura, a persoa dinamizadora realizará unha actividade cos pequenos e pequenas participantes.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. A entrada é libre. A capacidade da sala é de 70 persoas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester
quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana