Evento: Ornamental Hairpin

Ornamental Hairpin
venres, 20 febreiro, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Hiroshi Shimizu, 1941

Emi e a súa amiga Okiku deciden facer unha breve parada nuns baños termais durante unha viaxe en grupo polas montañas de Yamanashi. Ao día seguinte, cando ambas se foron, Nanmura, un mozo exsoldado recuperándose nos baños termais, faise dano ao pisar unha pinza de pelo dunha muller. Un accidente que lle parece moi romántico. Traballando sobre unha novela de Ibuse Masuji, Shimizu volve mostrar un complexo de augas termais como un lugar de evasión, case utópico, axudando a que esta obra teña un ton relaxado. Á vez, Ornamental Hairpin é unha moi coidada produción cinematográfica exemplo da parte máis luminosa do cinema xaponés durante a guerra.

 

Foto ©1941 Shochiku Co., Ltd

Children of the Beehive
26 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Mr. Shosuke Ohara
26 de febreiro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
The Shiinomi School
28 de febreiro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña