Evento: Animais artistas e outras historias

Animais artistas e outras historias
sábado, 14 febreiro, 2026 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Animais artistas e outras historias

Contacontos a cargo de Iván Dávila

Cales son as tres actividades que adoitamos facer no Entroido? Disfrazarnos, gastar bromas e pasalo ben! Iso mesmo é o que fan os animais protagonistas destas historias: un porquiño pintor, un corvo músico e a tartaruga máis vella do mundo.

No Entroido disfrazámonos para ser outra persoa ou quizais estamos disfrazados todo o ano e só nestas datas deixamos saír o noso lado mais salvaxe?

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
6 de febreiro
Teatro Lauro Olmo
tÁ
7 de febreiro
Teatro Pastor Díaz
tÁ
8 de febreiro
Pazo da Cultura