Evento: Beirut, Oh Beirut

Beirut, Oh Beirut
mércores, 14 xaneiro, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Beirut, Oh Beirut

Maroun Baghdadi, 1975

Beirut, oh Beirut é a primeira longametraxe de Baghdadi. Realizada e presentada ao comezo da guerra civil libanesa, parece unha profecía que a anunciaba. Nesta película, as vidas de varios personaxes (un avogado musulmán, unha moza cristiá, un obreiro do sur) entrecrúzanse cos acontecementos que tiveron lugar entre o ataque israelí ao aeroporto de Beirut en decembro de 1968 e a morte do presidente exipcio Nasser en setembro de 1970. Película sobre os inicios do activismo no sur do Líbano, Beirut, oh Beirut é á vez a historia dun amor imposible e dun país ao bordo do abismo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

O camiño de Cova Eirós
20 de marzo
Filmoteca de Galicia
Katzelmacher
20 de marzo
Filmoteca de Galicia
Ernest & Celestine, cuentos de primavera
21 de marzo
Filmoteca de Galicia
Katzelmacher
24 de marzo
Filmoteca de Galicia