Evento: Mentres sucede: derivas do presente

  • Cartel do ciclo
Mentres sucede: derivas do presente
martes, 9 xuño, 2015 - 20:00
Fundación Barrié,
A Coruña

Mentres sucede: derivas do presente

Conferencia sobre as galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da arte

Relatorio a cargo de Juana de Aizpuru, dentro do ciclo "Mentres sucede: derivas do presente. Arte e Cultura no novo século", organizado pola Fundación Barrié en colaboración co CGAC.

Juana de Aizpuru dedicou a súa vida á arte contemporánea, fundamentalmente como galerista. En 1970 abre a súa primeira galería en Sevilla e en 1982 en Madrid, ambos os espazos orientados á promoción das novas tendencias, tanto españolas como internacionais. Distínguese por ser artífice de ARCO Madrid, a principal feira de arte contemporánea en España, e da Asociación Española de Galeristas de Arte Contemporánea. A súa actividade como galerista compaxinouna co comisariado de exposicións. A súa traxectoria foi recoñecida con importantes premios como a Medalla de Ouro ás Belas Artes.

As galerías como axentes dinamizadores do desenvolvemento da Arte
A veterana galerista ofrecerá un percorrido a través dos case 45 anos de existencia da súa galería, analizando a evolución da sociedade, durante todo este tempo e, por tanto, do mundo da arte e das galerías. Unha viaxe a través dunha xeografía persoal, das exposicións, especialmente dos artistas, e tamén dos retos e proxectos do presente, do coleccionismo e do mercado da arte.

Máis información

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde