Evento: Ubasute

Ubasute
xoves, 23 abril, 2026 a venres, 24 abril, 2026
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Ubasute

*/UBASUTE /*é o máis recente texto da dramaturga galega Paula Carballeira logo do seu recoñecemento co Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023. Publicado pola Editorial Galaxia foi recoñecida pola p...

BERROBAMBÁN
Idade recomendada: a partir de 4 anosDuración: 50 minLingua: Galego
“Ubasute” é un termo xaponés que significa literalmente “abandono dunha anciá” e que se refire ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.
UBASUTE é o máis recente texto da dramaturga galega Paula Carballeira logo do seu recoñecemento co Premio Nacional de Literatura Dramática no ano 2023. Publicado pola Editorial Galaxia foi recoñecida pola prestixiosa Revista Babelia como un dos 5 mellores textos editados en galego no 2024. Así mesmo, a peza é actualmente finalista na categoría de Teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego.
UBASUTE  é unha peza de aparencia simple máis de difícil clasificación que conxuga xéneros e abre enigmas para colocar o foco de atención na reflexión ao redor do abandono. De forma sutil e lúdica, Paula Carballeira toca temas de profunda gravidade a través dun xoguete escénico livián que brinda a posibilidade de emprender múltiples viaxes: a de acompañar o tránsito de cada personaxe e a de emprender unha viaxe interior na que cada espectadora poida recoñecerse mentres se abandona ao que queda implícito entre liñas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Apalpador
30 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Circonove
30 de decembro
Casa da Cultura. CIGANÍ, con Antón Coucheiro
Circonove
31 de decembro
Casa da Cultura. Circanelo, con Alfredo Pérez Muiño