Evento: 2 pasos, 25 pesetas

  • cartel_2_pasos25_pesetas_27_decembro
2 pasos, 25 pesetas
sábado, 27 decembro, 2025 - 12:00
Porta do Xurés de Lobeira,
Lobeira

2 pasos, 25 pesetas

Dende a narración oral, Lorena Pinheiro "achéganos tesouros antropolóxicos e culturais que se converten nun material moi rico para a arte de contar".

A chegada do teléfono público cambia a vida de toda a parroquia.

Saladina pon en marcha o contador e acude á chamada espreitando tras da porta. Polas noites encende a radio para sentir a voz do seu querido Marcial e de cando en vez chámao dende o supletorio para intervir no programa contando algunha historia.

A través desta actividade, Lorena Pinheiro ofreceranos unha sesión chea de humor e lembranzas do que supuxo a mellora das telecomunicacións nos anos 80.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 minutos

Horario: 12:00-13:00 horas

Espazo: Porta do Xurés (Lobeira)

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire