Evento: José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983
José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983
Jose Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983 parte dos históricos concertos de despedida que José Afonso ofreceu nos Coliseus de Lisboa e Porto en 1983, pouco antes de que a enfermidade lle impedise seguir cantando. A través dunha proposta escénica híbrida entre teatro, música e poesía, inspirada no concepto británico de Gig Theatre, recréase non só o espírito do concerto, senón tamén a súa dimensión histórica, política e emocional. José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983 é unha homenaxe viva ao artista e ao soño colectivo da Revolução dos Cravos, explorado desde a melancolía, a resistencia e a esperanza. A música de Zeca Afonso convértese en fío condutor dunha peza escénica coral e contemporánea, que convida a lembrar, pensar e cantar.
Equipo artístico
Dirección: Gonçalo Amorim
Coordinación dramatúrxica: Rui Pina Coelho
Dirección musical: Mariana Leite Soares, Pedro João
Escenografía e vestiario: Catarina Barros
Deseño de luz: Nuno Meira
Técnico de luz: Renato Marinho
Técnico de son: Miguel Serrão
Vídeo: José Freitas
Apoio á investigación: José Carlos Calixto, Pedro Afonso, Zélia Afonso
A partir de textos de Lígia Soares, Marta Figueiredo, Miguel Cardoso, Rui Pina Coelho, Susana Moreira Marques
Elenco
Catarina Chora
Catarina Carvalho Gomes
Inés Salvado Gontad
Mariana Leite Soares
Pedro João
Hugo Inácio
Josué
Saulo Giovannini
Teresa Costa
Entradas á venda na plataforma dixital ataquilla.com e no despacho de billetes do número 34 da compostelá rúa Nova nos días de apertura.
Colabora o Instituto Camões de Vigo



