Evento: Solsticio de inverno

Solsticio de inverno
domingo, 28 decembro, 2025 - 20:30
Auditorio Hernan Naval,
Ribadeo

Solsticio de inverno

Concerto de A Pedreira

Neste concerto, A Pedreira abre un novo capítulo creativo no que dialogan, con naturalidade e forza, as súas composicións máis recentes e o repertorio tradicional que a acompaña desde a infancia. Cantareira de raíz fonda e creadora de mirada contemporánea, Ugia convértese nesta proposta nun fío que une xeracións, territorios e linguaxes.

A Pedreira revisita a tradición desde o presente, iluminando as coplas antigas con novas narrativas e ampliando o seu universo musical, cunha voz poderosa, sensible e profundamente galega.

Máis eventos do ciclo Nadal en Rede

Contar
28 de decembro, 18:00
Capela da Madalena - Arzúa - A Coruña
Cancelado
Ecoralia
28 de decembro, 19:00
Casino Mugardés - Mugardos - A Coruña
Vicki e a felicidade
29 de decembro, 17:30
Centro Cultural O Salón - Abegondo - A Coruña
As lamberetadas de Nadal
29 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal - Padrón - A Coruña