Evento: Santalices. O legado

Santalices. O legado
venres, 26 decembro, 2025 - 20:30
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

Santalices. O legado

Concerto didáctico

Verónica Santalices e Federico Welicki ofrécennos o concerto didáctico Faustino Santalices. O legado, dedicado ao gaiteiro e musicólogo de Bande. Faustino Santalices (Bande, 1877 – Madrid, 1960) foi un dos grandes nomes da nosa cultura; un home que dedicou a súa vida a investigar, construír e interpretar instrumentos e que lles devolveu á zanfona e á gaita un lugar central na música galega. No mundo da música tradi, o seu nome soa con respecto e admiración. Porén, entre o público xeral aínda non ocupa o lugar que merece. Do mesmo xeito que todos sabemos quen foron Álvaro Cunqueiro ou Rosalía de Castro, tamén deberiamos coñecer e recoñecer a Faustino Santalices.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Nadal en Rede

Saaabor de Nadal!
13 de decembro, 12:00
Praza dos Fornos - A Pontenova - Lugo
Contar
14 de decembro, 18:00
Centro Sociocultural - Bóveda - Lugo
Solsticio de inverno
14 de decembro, 19:30
Praza de San Xoán - Ribadavia - Ourense
Ecoralia
18 de decembro, 18:00
Auditorio Xosé Casal - Vila de Cruces - Pontevedra