Evento: Vikingland

Vikingland
xoves, 4 decembro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Vikingland

Xurxo Chirro, 2011

Un singular filme (galego) que obtivo recoñementos en Marsella, Mar del Plata e Gijón, o éxito creativo do ano. Detectando á perfección as tendencias creativas da mellor non ficción contemporánea, Vikingland, “idea e manipulación” a cargo de Xurxo Chirro, provén dun material acumulado alleo, produto das gravacións persoais do mariñeiro Luis Lomba ‘o Haia’, compañeiro de viaxe do pai de Chirro, e realizadas en Dinamarca e Alemaña entre outubro de 1993 e marzo de 1994. Unha inmersión moderna e rotundo cuestionamento do (suposto) atraso estético audiovisual propio, un título pletórico e inzado de humor –retranca-, Chirro plantexa unha transposición máis que libre do Moby Dick de Melville –incrusta unha estrutura narrativa dividida en capítulos- que lle permite engarzar coa mellor tradición da remontaxe, procurándolle un novo sentido ás (sorprendentes) imaxes e fundindo con sagacidade diario, epístola, ensaio e apropiacionismo, un fresco discurso sobre a condición da mirada, o efecto de representación e as consecuencias do metarrelato.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

El amor es más frío que la muerte
17 de marzo
Filmoteca de Galicia
Nouvelle Vague
17 de marzo
Filmoteca de Galicia
Nouvelle Vague
18 de marzo
Filmoteca de Galicia
El amor es más frío que la muerte
18 de marzo
Filmoteca de Galicia