Evento: Scriptorium. “Artistas da palabra” - luns 29

Scriptorium. “Artistas da palabra” - luns 29
luns, 29 decembro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Scriptorium. “Artistas da palabra” - luns 29

Obradoiro con mekané

Proxecto parar dar a coñecer o importante labor dos monxes e monxas copistas.

Dende o S. IX, algunhas abadías e mosteiros posúen un Scriptorium, o lugar onde copiaban, decoraban e encadernaban os códices.

No obradoiro analizaremos o significado dos Scriptorium, a importancia dos códices. Falaremos da confección do pergamiño, a evolución das tintas, dos instrumentos de escritura, a cana e a pluma.

Veremos os elementos decorativos, a iluminación e os debuxos das capitulares.

Os participantes convertiranse en Artistas da palabra. Cada un co seu caderno de traballo e unha capitular para que a decoren o seu gusto.

Actividade pensada para nenas e nenos de 9 a 12 anos. 

As prazas son limitadas polo que é preciso facer inscrición previa ben presencialmente ou ben chamando por teléfono aos números 988 788 385 / 386 dende o venres 12 de decembre ás 09.00h. . 

Duración: 1.30 h

Máis eventos de tipo Obradoiro

Campamento de Nadal
22 de decembro a 2 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro de xogos de mesa
22 de decembro
Mercado Cultural
O Apalpador, monicreque de Nadal
22 de decembro a 23 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Nadal creativo: A viaxe dos Reis Magos
22 de decembro a 30 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés