Evento: Glup!

Glup!
venres, 6 febreiro, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Glup!

A cargo de Ramiro Neira

Hai momentos para compartir... Ten que haber momentos para compartir!

Hai que levar aos nenos/as á gardaría, ir traballar, recollelos na gardaría, facer a compra, ir ao banco, ao médico, coller o teléfono, voltar á oficina porque tivemos un problema no traballo, levalos ao parque...

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos gozar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso neno/a... é o momento do baño!

Onde as burbullas de xabón convértense en historias, soños, contos... 

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 35 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 29 de xaneiro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal