Evento: O Museo e o Manga
O Museo e o Manga
Ao longo de 4 sesións, Marta del Pozo Vilá achegará os participantes á historia do manga e impartirá formación en exercicios dinámicos, teoría anatómica, teoría da cor, escritura do nome en xaponés e creación dun cómic-puzzle relacionado co museo.
Destinatarios: público de 10 a 16 anos
Grupo dos Venres: 26 setembro, 3, 10 e 17 de outubro de 2025, de 18:00 a 20:00 horas.
Grupo dos Sábados: 27 de setembro, 4, 11 e 18 de outubro de 2025, de 11:30 a 13:30 horas.
Inscrición:
O obradoiro ten unha duración de 4 sesións, en horario de venres ou sábado.
A actividade é de balde previa inscrición, indicando a quenda elixida.
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario, que estará dispoñible desde o martes 16 de setembro ás 10:00 horas.
O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.
Para máis información, pódese consultar esta ligazón do museo.