Evento: Flow

Flow
venres, 31 outubro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Gints Zilbalodis, 2024

Un gato atópase nun mundo cuberto pola auga, sen aparente rastro humano. Na procura dun refuxio, únese a un barco con animais doutras especies. Convivir con eles resulta ser un reto aínda maior que superar o seu medo á auga. Ao longo desta aventura, terán que demostrar a súa valentía e superar as súas diferenzas para adaptarse á nova situación.

Flow, un mundo que salvar é a nova película do letón Gints Zilbalodis, gañadora do Óscar e do Globo de Ouro ao mellor filme de animación e recoñecida en festivais como Cannes e Annecy. Sen diálogos e con imaxes de gran beleza creadas en 3D con software libre, narra a viaxe dun gato que, tras unha inundación, debe aprender a convivir con outras especies nunha precaria Arca de Noé. Cun universo fantástico e onírico, explora con delicadeza temas como a soidade, a solidariedade, a tolerancia, a amizade e a superación persoal ofrecendo varios niveis de lectura.

Máis eventos do ciclo Animacción 2025

Sección galega a concurso
28 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
The Wanted 18
28 de outubro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Palmarés festivais
29 de outubro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Sección xeral a concurso
29 de outubro, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña