Evento: Mes dos libros prohibidos: a censura é tan de 1984
Mes dos libros prohibidos: a censura é tan de 1984
mércores, 1 outubro, 2025 a venres, 31 outubro, 2025
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Mes dos libros prohibidos: a censura é tan de 1984
Actividade da Banned Books Week
Un ano máis, a biblioteca súmase á Banned Books Week, unha iniciativa anual que persegue poñer en valor a libertade de ler e de creación literaria. Comeza a organizarse en 1982, nos Estados Unidos, en resposta ó incremento de peticións de retirada de libros en escolas, librarías e bibliotecas.
A selección de libros que argallamos vai en consonancia co lema deste outubro: A censura é tan de 1984. Esta referencia a unha das novelas distópicas clave do século XX, animounos a facer un percorrido polo xénero da ciencia ficción, tan denostado e certero á vez na súa crítica social.
Do 1 ó 31 de outubro.
Ligazóns