Evento: Exposición: "Entre as sombras voltarei acompañado" de Vicente Blanco
Exposición: "Entre as sombras voltarei acompañado" de Vicente Blanco
A Galería NÉBOA inaugura a súa tempada expositiva coa mostra “Entre as sombras voltarei acompañado”, segunda exposición individual do artista Vicente Blanco (Cee, 1974) no espazo lucense. O proxecto, comisariado por Pedro de Llano Neira, forma parte de #ABERTO2025, a gran apertura conxunta das galerías pertencentes á Asociación CONTEMPORÁNEA, que converterá Galicia nun territorio común de encontro coa arte contemporánea entre o 18 e o 20 de setembro.
A exposición reúne debuxos, pinturas e relevos en cerámica nos que Blanco explora a identidade, o desexo e a violencia, construíndo un universo visual ambiguo e evocador no que as mans, os xestos e as relacións entre personaxes teñen un protagonismo especial.
Unha cita imprescindible para achegarse ao traballo dun dos creadores galegos máis recoñecidos no panorama contemporáneo.