Evento: Racconto

Racconto
xoves, 18 setembro, 2025 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Racconto

Ricardo Becher, 1963

O encontro e desencontro romántico entre unha modelo aristocrática e un actor é narrado de maneira complementaria por tres personaxes distintos e por ela mesma. Esa multiplicidade de puntos de vista enriquece a historia con varias capas sucesivas compostas por detalles do cotián e caracterización. O resultado é unha estrutura similar á dunha arañeira (aínda que sen as connotacións ominosas): no centro, o lugar máis definido e mellor cercado, está Ana; ao seu redor, os personaxes máis próximos a ela, que son os tres narradores. Máis fóra quedan os outros, imprecisos mais o suficientemente presentes como para parecer vivos. Non dan a impresión de estar esvaecidos, senón de conservar misterios. Un prólogo dobremente enganoso parece posto aí para subliñar que, a pesar das aparencias, o relato non pretende, non pode ser máis que unha ficción.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

The Golden Spurtle
22 de novembro
Filmoteca de Galicia
Smog en tu corazón
25 de novembro
Filmoteca de Galicia
Isaac Díaz Pardo na pantalla
25 de novembro
Museo de Belas Artes
La casa del bosque - cap.7
26 de novembro
Filmoteca de Galicia