Evento: Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela

Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
sábado, 11 outubro, 2025 - 11:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela

Da man de Encarna Otero

Como complemento á charla sobre a fotógrafa estadounidense que vai impartir Encarna Otero o xoves 9 de outubro ás 19h, ofrecémosvos acompañarnos neste roteiro de dúas horas de duración no que visitaremos algúns dos espazos da nosa cidade que Ruth M. Anderson recolleu coa súa cámara.

Ruth Matilda Anderson realizou cinco viaxes por España na década dos anos vinte do século pasado incluíndo a cidade de Santiago de Compostela. Foi entre 1924 e 1926 cando a fotógrafa norteamericana percorreu a comunidade, documentando coa súa cámara a vida cotiá, as tradicións e a paisaxe galega baixo o encargo da The Hispanic Society of America. As súas fotografías, que hoxe forman parte dun arquivo histórico de valor incalculable, ofrecen un testemuño visual único da Galicia rural e urbana de principios do século XX.

Dirixido a 35 persoas de 16 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro