Evento: Boa sorte, mala fama

Boa sorte, mala fama
xoves, 23 outubro, 2025 - 20:30
Sala Bahía,
Foz
Espectáculo teatral a cargo de Tarabela Creativa

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquilo do que pouco se fala. 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

DIQUE
11 de setembro, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
Xabier Díaz. Axúdame a sentir
13 de setembro, 20:30
Praza Maior - O Carballiño - Ourense
Castelao
19 de setembro, 18:00
Casa da Cultura do Milladoiro - Ames - A Coruña
Esas cousas marabillosas
19 de setembro, 20:00
Teatro de Beneficencia - Ortigueira - A Coruña