Evento: Sofá
SOFÁ é unha sitcom de danza con teatro, circo e música en directo que fala dunha parella.
Marta e Pablo coñecéronse bailando e xa non teñen tempo para facelo porque traballan moito. Son incapaces de parar. Cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo un espectáculo de danza cun sofá. Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas e descansar. Pero… sempre hai un pero. Toda interrupción é un bo motivo para continuar a súa fuxida cara a adiante. Porque parar supón enfrontarse a si mesmas e abrazar a incerteza, o baleiro.
Parar para bailar, acabar para comezar.
Autor
Marcos PTT Carballido, Marta Alonso Tejada, Pablo Reboleiro Rama
Dirección
Marcos PTT Carballido
Escenografía
Jose Perozo e Sandra Camalea: Realización do Sofá
Deseño son
Marcos PTT Carballido
Deseño iluminación
Ángel Sousa
Vestiario
Paula Quintas
Música
Mounqup e Pablo Reboleiro Rama
Coreografía
Cía Sharon Fridman: Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin
Elenco artístico
Marta Alonso Tejada
Pablo Reboleiro Rama