Evento: Concerto

Concerto
sábado, 30 agosto, 2025 - 20:00
Praza do Camiño,
Portomarín
Espectáculo de música a cargo de Martin Human

Somos Martin Human, unha banda formada orixinalmente polo cantante Martín, Richi manexando o baixo e marcos marcando o tempo coa batería. Todos bebemos moito da música dos 90 e dos 2000, e o noso estilo ten influencias do rock americano, o grunge e o country. A finais do ano 2022 sacamos o noso primeiro EP Anomaly, este disco reflexa experiencias pasadas e vivencias en diferentes momentos da vida. Foi o noso primeiro traballo totalmente autoproducido co que puidemos investigar e sacar un son crú, con soamente os elementos que utilizamos nos nosos concertos en directo. No ano 2024 sacamos 2 novos singles moi diferentes entre eles, un deles mostra máis o estilo do que vimos do noso primeiro EP. Este single chámase Let her away. Mentras que experimentamos e probamos novas alternativas engadindo elementos, que nos permiten expresar moito mellor o que queremos que reflexe a nosa música. Así da nacemento a What is wrong. Este ano aumentamos a familia e únesenos como guitarrista solista Juancho, estamos a traballar nun son con máis rock and roll para este 2025 e pronto sacaremos novas cancións coas nosas novas armas. Ademáis de repensar o traballo previo e darlle un toque máis acedo!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A nena lentella
8 de agosto, 12:00
Praza Rúa Lago - Quiroga - Lugo
A Corva
8 de agosto, 12:00
Campo da Festa de Rois - Rois - A Coruña
Circanelo
8 de agosto, 19:00
Praza das Palmeiras - Caldas de Reis - Pontevedra
Antúan de la Cream
8 de agosto, 19:30
Praza da Igrexa de Salgueiros - Dumbría - A Coruña