Evento: Concerto de Abril Dúo

Concerto de Abril Dúo
venres, 29 agosto, 2025 - 21:00
Praza Castelao,
Corcubión

Concerto de Abril Dúo

Espectáculo de música a cargo de Abril Dúo

Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura. Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un coidadísimo repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade. Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente. Un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade.

Máis eventos de tipo Concerto

noitiNHAs 2025
3 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
Xabier Díaz. Axúdame a sentir
13 de setembro
Praza Maior
Concertos nos barrios
18 de setembro
Rúa do Restollal