Evento: Flash and borther
Flash and borther
“FLASH & BORTHER MAGIC SHOW“ é un espectáculo de Humor e Maxia, en clave de clown.
”Flash & Borther Magic Show” pretende sorprender ao público revelando a relación de Mago e Partener, conseguindo que o rol desta última, adquira a importancia que nunca tivo, como normalmente sucede na maioría dos espectáculos de Maxia que estamos afeitas e afeitos ver. Exponnos que Mago e Partener son un equipo e que ambos son imprescindibles para que a Maxia se leve a cabo.
É unha dedicatoria a todas aquelas mulleres que, na maioría dos casos, desde a sombra e o anonimato fixeron posible a sorpresa do público e cos ollos como pratos digamos: “Guauuuu!!!” ao velas desaparecer nunha pequena caixa.
Nenas, nenos, adultos e adultas… Todos os asistentes desexarán ver a Borther despregar os seus talentos, en igualdade, co seu compañeiro de escenario Flash.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño


