Evento: O dragón de ouro

O dragón de ouro
sábado, 23 agosto, 2025 - 21:30
Auditorio Baldomero Cores,
Cee

O dragón de ouro

Espectáculo producido por Sarabela Teatro

Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa:un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés - Chinés - Vietnamita, O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.

No balcón, sobre o Dragón de Ouro,un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.

No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo,un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.

Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra
Os Bolechas e o gran reto
1 de agosto
Praza do Floreal
poesia_enriba_2025_cartel
Poesía EnRiba
1 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia