Evento: Henriko o feiticeiro

Henriko o feiticeiro
mércores, 13 agosto, 2025 - 20:00
Parque de Ansuíña,
Baños de Molgas

Henriko o feiticeiro

Espectáculo de novo circo a cargo de Henriko

Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, ¿charlatán? que sente que realiza trucos incríbels. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar co espectáculo como se todo estuviese a saír segundo o planeado. Pero trala aparencia deste desastroso feiticeriro agóchase un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios.

Nun intre dado do espectáculo, para sorpresa do público e do propio Henriko, comezarán aconteceder cousas inexplicabels na escena. O achegamento de enerxía por parte do público alcanzou tal intensidade que os feitizos, de repente, están funcionando. Henriko adquire poderes e da camiñado con éxito sobre o arame de funambulismo dando acadado unha especie de levitación mística.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Kinetiko
3 de agosto, 12:00
Praza de Forcarei - O Pino - A Coruña
Errantes
3 de agosto, 12:00
Torres de Oeste - Catoira - Pontevedra
PATRUYASOS
3 de agosto, 12:30
Praza do Concello - Mondoñedo - Lugo
Concerto
3 de agosto, 13:00
Praza Alcalde Rojo Losada - Monterroso - Lugo