Evento: Actuación do grupo Claxxon

  • Calxxon
Actuación do grupo Claxxon
sábado, 30 maio, 2015 - 22:00
Trasmonte,
Friol

Actuación do grupo Claxxon

Actuación do grupo de Pontevedra

Un novo grupo musical galego xorde en 2012 coa boa música como principal obxectivo. Rock, pop, música latina, baladas, música de baile, música a capella, unha infinidade de estilos con personalidade propia, nunha montaxe espectacular de iluminación e son.

A maior parte dos músicos dun coñecido grupo galego deciden iniciar un novo proxecto musical, para o que contan coa incorporación de tres novos artistas de indubidable talento. Guillermo Lamelas no baixo, Miguel Alakrán na batería e Pablo Morán na guitarra, a potente e inconfundible sección rítmica que fixo de América un grupo considerado nas últimas décadas fóra do común no ámbito das festas populares, únense agora a Jacobo González nos teclados, Dany Bea na voz, teclados, guitarra, percusión e saxo, e Roberto Lorenzo na voz, guitarra, teclados e saxo, tres novos músicos cunha sólida formación músical e gran experiencia en diferentes ámbitos.

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35